Libro de horas

Disponibilidade: Esgotado

sobre a punta dos pés
revelouse a lúa inmensa
laranxa coma a luz
do solpor
entre os tellados
exaltei a palabra
chamei pola xente e anunciei:
deleitádevos coa eclipse do astro!
como unha esfera pausada
cobre outro albor!

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

Os antigos libros de horas rompen o tempo, introducen na intranscendente continuidade a apelación á realidade allea que habita unha duración maior, eterna. Este libro de horas exalta a intranscendencia para valorar a grandeza do tempo inmanente, refire con gusto a fugacidade, que se di moitas maneiras. Non esboza un prego para desafiar a dor, non o sacrificio fronte ao ocio, non unha contemplación nos ollos dun suxeito: suxire a recreación dunha imaxe, a expresión do acontecemento no que os antigos membros son diluídos, en prol dunha superficie fluída a través da que transitan os múltiples peixes.

É así como se multiplican. Dispondo unha cronoloxía mediante os estratos nos que organizamos a luz dos días e a escuridade das noites, aproveitando os luares e tamén as sombras, este libro de horas busca as iconas. Mais non as éxtases da representación, senón os puntos dos diagramas: traza unha semiótica que dende a physis quere ofrecer a metaphysis.

Nos xustos tempos aparecen os poemas como compulsións de recollemento, nos que o trazo contido custodia o que a palabra non di, non debe dicir. Gnosticismo popular: segredos para a iniciación, pois iniciad@ é quen quere.

Detalles de paisaxes que se despregan coma enchendo os corpos, corpos que repican as súas campás e o labor non se interrompe: celebra a  súa inmanencia ao presentar a consciencia dunha vacuidade que se prega.

A mente é consciente da delimitación provisional e presenta unha apercepción na que mantén a atención, mais só durante o instante que dura o cadro, porque a concentración profunda está entregada ao devir.

O texto componse de incitacións, non reflexións, aos fenómenos que se solapan na perfecta organización dos prazos e dos emprazamentos: mediante as aparencias a vida esparéxese e pode ser lida, multiplicando os niveis de existencia.

Diso trata a cultura e a arte que encheron os días, diso trata a apertura, din, que constitúe ao humano pero, sobre todo, diso trata a apertura que lle permite ao humano dirixirse fóra de si, e non por negación, simplemente polo gusto do tránsito: pola impugnación dese pracer correu tralo goce, pola repulsa de si verteu desmedidas doses de narciso, un tanto desenfocado, que adoza os rostros.

Unha voz percorre o libro: por veces é unha boca a que fala, por veces consegue ser o logos anónimo que se expresa nos reflexos dos que o mundo é capaz. Rebeca Baceiredo

O mundo non é da caste dos mecanismosadorados por unha humanidade resentida, é da estirpe das máquinas cósmicas, xenealoxías sen rostro ou a larinxe produtora de sentidos.

_outras informações

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5
páginas: 60
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0