Metafísica da ausencia

Disponibilidade: Brasil/Europa

Cando paso polo limiar dunha lembranza
amparándome na mudez
pretérita ó soño que me traza no desvelo,
presencio o nome da morte que te leva
co clamor dunha agonía. A dor é sobre todo
aquí:
na palabra ó repouso dun río,
no tempo non chegado,
no recordo da memoria que eu invoco.

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia. Ao final, a ausencia é o todo, que é o mesmo que a nada, o que nos  devolve á partida entre “Alguén” e “Ninguén” co escenario dun horizonte gris que paraliza todo argumento estético e que activa aos reporteiros que transmiten para nós ese enfrontamento coas cartas marcadas entre ese traizoeiro “Alguén” e ese ferido “Ninguén”. O autor tenta establecer unhas regras para a partida e recorre á memoria, a cal se amosa como un xuíz que “anda” e “ desanda” os versos e que constrúe unha distancia que leva aos recordos e ao silencio. Alí é onde as flores exercen de reporteiras e de rastreadoras das ausencias, dos recordos e das presenzas. A flora completa unha fraga aturuxada pola noite que fai de beira para un novo mar, que leva á ourela cunchas de odio e de amor, que nos axudan a crecer e a espallar sobre os nosos pés area para construír o noso camiño. O poemario sitúa a “Ninguén” vinculado á palabra, á nostalxia e plastifícao “enfronteirado” co soño e a consciencia. E presenta a “Alguén” como un espello para o “Ninguén”, que cociñan un universo de palabras sonoras. Ao final todo nos leva a un fin. É a nudez dos individuos que se sitúan fronte ao destino. Marcus Daniel Cabada

Israel Sanmartín

_outras informações

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5
páginas: 56
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0