A casa tiña un xardín de medio lado e había flores, pero comíalas,
quedaban os talos, as espiñas.
Había tamén un can que aproveitaba as espiñas
e recibía golpes se roubaba algo da mesa;
as demais persoas á mesa comían de min.
Durante o día era engulida sen ser vista,
por iso, mesmo que quixeses,
non podías pronunciarme.
R$45,00
_sobre este livro
_sobre este livro
A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar.
Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A lectura é catártica e, desde o fondo do escuro, ilumina. silvia penas estévez
O poema é gritar salvaxemente e preguntarse como domesticar a frustración,éescribir o corpo e trazar un río-límite sobre o territorio informe da vida, é «limar a lingua, limar os labios» de desespero para chegar á fronteira e desfacela.
Franquear as múltiples portas deste poemario, entregarse ás palabras, é bucear na superficie ou planear na profundidade; confrontarse coa herdanza colectiva que construíu un paraíso equivocado, «e nada máis/ e isto é moito e pouco/ e nada máis».
Area Erina
_outras informações
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5
páginas: 64
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª