Intraordinario II

Disponibilidade: Brasil/Europa

Unha desafiante soidade selectiva
que como a serpe penetra
neste sedimento de vergoña.

 

 

R$45,00

_sobre este livro

Falar do común. Contar desde dentro a realidade que “chegaba fría” e que se impón como unha amnesia consciente. Entrar no inevitable. Desde a soidade labrada como destino, desde as marxes que esa realidade delimitou como espazo de resistencia.
A serpe deletrea o perímetro da ollada. Nos lugares que percorre enraízan a vergoña e a culpa. A dor agroma pero o poeta evita o sangrado.
Da metafísica da desilusión nace este libro.
O seu autor séntese pechado nel porque concibe a linguaxe como refuxio, como porto de acollida. Pero el aínda non o sabe.
Escribir como quen habita unha casa da que nos acabarán desafiuzando. Ocupar ese espazo interior que comprime, que abafa, que xustifica a supervivencia.
O que si sabe é que abandonar sempre pode ser unha alternativa. Como quen perde un tren sen retorno. E sentir medo. Dese medo salvarao a linguaxe. Ese coitelo que busca a entraña, o vértice da ferida.
Amauta Castro coñece o interior do túnel. Intúe a transparencia da morte, ese “delgado río” ao que baixa beber cando escribe.
Pero as palabras acoden tarde, cando a derrota é máis ca un consolo. Cando é un xeito de respirar.
Por iso a impaciencia, por iso a fugacidade. A espera como exercicio de resistencia. A clausura como artimaña para evitar o medo, para soportar a rutina.
O libro que tes entre as mans é un mapa interior desa derrota. Esa orde que acatamos como unha cartografía dos nosos medos.
O autor sabe que o presente acaba queimando o papel no que trazou as coordenadas do fracaso. Pero a tinta resiste. A tinta ignífuga que debuxou o seu corpo calcinado.
A infancia dálle perspectiva, pero o presente imponse como incendio incontrolable.
“Amence, chove, escribo”.
Lugar de resistencia, illa voraz.
E ao final só queda a realidade mínima que colle dentro dun poema diminuto, esa mira pola que Amauta recoñece as cousas que o traizoaron e a transparencia coa que a linguaxe o acolle como fillo pródigo que arriba a porto.
Soidade, linguaxe, clausura.
Un libro triangular no que só desde a xeometría líquida do estremecemento poderás percorrer.

Baldo Ramos

_outras informações

idioma: galego
formato: 12x16,5 cm
páginas: 90 páginas
ano de edição: 2021
edição: 1

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0