Amauta Castro


(1981)
Pseudónimo de Rafael Xoán Muñoz Castro, poeta en lingua galega que actualmente reside en Catalunya. Ten colaborado en diversas publicacións literarias como Dorna, Revista Ligeia, Revista Elipse, Andar21, Ultragráfico, etc. Participou tamén en volumes colectivos como Antoloxía poética da diáspora galega (2007) ou O poliedro da soidade (2018). A súa obra Da pel sae o escuro (2018) foi gañadora do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro (2017). Ten varios poemarios individuais publicados: Nos muros do mundo (2012), A tarde.O desacougo. (2019), obra que foi merecedora do XXXI Premio Nacional Pérez Parallé de poesía, Leixaprén (2020), Constante hora de boca e precipicio (2020). É autor tamén dun curioso ensaio lírico baixo o nome de Poesía (modelo para romper).
Intraordinario II é unha continuación de Constante hora de boca e precipicio, onde o autor enlaza temas como a soidade, a clausura ou a reflexión sobre o poema.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Amauta_Castro