Esfumado: A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda

Disponibilidade: Brasil/Europa

Tradución de Moncho Iglesias Míguez

Que fai falta para descubrir a verdade? Traizón? Engano? Arriscar a propia vida? Omar Ouda fixo todo iso. Esfumado é unha historia ficticia ambientada nas tensións políticas de Palestina, que ten como fío condutor un neno que trata de topar ao seu pai. A medida que afonda na misteriosa desaparición deste, vese obrigado a tomar decisións terribles que poñen a proba a lealdade ao seu país e á súa familia. O libro trata tamén sobre a amizade que xorde en circunstancias difíciles, presentada a través do personaxe de Ahmed, quen arrisca a vida para axudar o seu amigo na procura do pai.
A viaxe de Omar é ficticia; con todo, describe a vida real na Faixa de Gaza, en Palestina, entre 1981 e 2011. Este período foi testemuña de tres grandes acontecementos que deron lugar á situación actual: a primeira Intifada, os Acordos de Oslo e a segunda Intifada. Aínda que o contexto político sexa importante para a historia, a novela non pretende manifestar ningún argumento político. Pola contra, esclarece como é a vida normal e ordinaria de dous rapaces nun lugar extraordinario que adoita describirse como «o inferno na terra».

Esfumado: A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda foi finalista do Palestine Book Awards 2015.

 

 

R$45,00

_sobre este livro

—Teño que marchar, amor, acaban de bombardear a casa e as liñas telefónicas están cortadas.
Estaba sentado no enorme sofá azul mariño, na sala de estar medio iluminada do seu pequeno apartamento de dous cuartos en Clerkenwell Road. O fume que saía do cigarro que nin tocara penetráballe no nariz a ela, que permanecía a medio vestir onda a porta principal, xunto á cociña americana. Apenas se lle vían os ollos grandes e acastañados; só a pel branca das pernas brillaba na escuridade, por baixo dos pantalóns curtos que adoitaba usar como pixama nas calorosas noites do verán londiniense. Zoe seguía sen saber que dicir e sen deixar de mirar para o seu marido que, inclinado, coa cabeza nos xeonllos, vestía unha camiseta negra e uns pantalóns de chándal azul, e que mesturaba a cor da súa pel trigueira co do cuarto.
(páxina 9)

_outras informações

isbn: 978-65-5900-320-4
idioma: galego
formato: 14x22cm
páginas: 194 páginas
papel polén 90g
ano de edição: 2022
edição: 1

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0