Ahmed Masoud


naceu en Gaza en 1981 e mudouse ao Reino Unido en 2002 para continuar os seus estudos de doutoramento en literatura inglesa e dedicarse ao teatro. Neste eido traballou con Maxine Peake na protesta artística Obliterated e fundou o grupo de danza e teatro Al Zaytouna, no que dirixiu e escribiu pezas de teatro como: Application39; Camouflage; The Shroud Maker; Walaa, Loyalty; Escape from Gaza, Unto the Breach ou Between the Feeting Words. Como investigador publicou diferentes artigos sobre literatura, Palestina ou sobre o mundo musulmán na Gran Bretaña. Na actualidade está involucrado nunha nova iniciativa artística, chamada PalArt Collective.

Para máis información sobre o seu labor artístico: www.ahmedmasoud.co.uk