E se a memoria está na boca

Disponibilidade: Brasil/Europa

Clara Honorato Soto [fotografía]

Haberá unha liña
que non cruce a túa chegada.
Curva sinuosa da dor ininterrompida…

“As túas metas están máis aló deste instante”.

 

R$45,00

_sobre este livro

Sobre este livro

Unha querenza agreta e, polas fendas, cóanse, oportunistas, as incertezas, que invaden a rutina, asolan o desexo e culminan co derrubamento dos corpos. Intemperados xacen, pero as ascuas permanecen latentes, nun afán por tentar o rescate: as intencións minguadas insisten na confianza; as epidermes erosionadas esfórzanse no tacto; as bocas desaboridas buscan reparar a memoria.

A ausencia, o desacerto, a fraude e outros desencantos nutren este texto, e conflúen nunha secuencia de fotogramas que o autor arrebola coma proxectís, co propósito de perforar a carne da lectora, sen danarlle os órganos, mais procurando que a metralla desalentada enquiste, e levede, nas súas entrañas.

A seca da atracción, a perda da complicidade e a loita por manter o afecto, conducen á resignación, á aceptación da deriva. Entón xa só resta driblar os cascallos, asumir a inercia, desistir: “Entornar, / desde hai tempo, enferruxados os gonzos, / sen azos para mudar o mecanismo.”

Alén do rubor, a decepción ou o temor, non hai cabezas de cartel nesta rodaxe sobre a intimidade, só unha voz en off que expón, abatida, o seu desamparo, coroado por unha sentenza perplexa, ou por unha inseguridade irada. Conclusións coas que achegarse á indemnidade nun espazo de desconforto, coas que pretender exorcizar o fracaso.

Flashbacks porfiados amalgámanse nun guión desde o que observar e percorrer, coa discreción dun travelling, os lugares da devastación, ou as fábulas da idealización, estas últimas reincidentes cando interrompen as escenas con recordos que vernizan, coa súa pátina edulcorada, o pasado, sacoden a desgana e reinician o prodixio da descuberta, esquivando á sempre axexante caducidade: “ (…) e o xemido inútil de agarrar, / o que vai fuxir / co teu corpo.” Ángel Suanzes

Iolanda Zúñiga

_outras informações

ISBN:978-65-87076-10-2
Idioma: galego
Encadernação: brochura
Formato: 14 x 19,5cm
Páginas: 52
Papel: pólen 90 gramas
Ano de edição: 2020
Edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0