Ángel Suanzes


licenciado en xornalismo pola upsa e leva desde finais dos 90 na práctica da profesión en diversas radios e televisións tanto en Galicia como en España. A súa carreira profesional levouno polas seccións de
deportes, infomativos, pero tamén no guión e na coordinación de programas de entretemento, así como na confección de diálogos para series de televisión.
Desde o 2006 exerce como xornalista cinematográfico na Televisión de Galicia (CRTVG), primeiro en Planeta Cine e desde o 2010 ata a actualidade no Zigzag Diario.
Durante ese tempo, desenvolveu coberturas en festivais internacionais coma Cannes, Venecia ou San Sebastián e en eventos coma os Premios Goya. Presentou as galas de inauguración e clausura no Festival de
cine de Ourense e no Novos Cinemas de Pontevedra en varias ocasións e desde a súa conta
de twitter exerce de bardo día a día sobre os pormenores do cinema galego.
Comunicador, chega á poesía nunha viaxe de ida e volta. Desde os versos agochados da adolescencia ata este primeiro poemario con sabor a primeira vez. Porque a poesía é o camiño máis longo para chegar ás sensacións e aos sentimentos propios e alleos. Na busca da palabra aparecen verdades inexploradas,
desexos contidos e segredos non revelados. Escribir poesía é rebelarse, unha afirmación de dignidade, liberdade e autonomía espida nos versos, aberta ao mundo.
O único xeito de comunicación no que a subxectividade é un aliado imprescindible e ben considerado.