Crónica dunha heterosexual insatisfeita / Crónica de una heterosexual insatisfecha

Disponibilidade: Brasil/Europa

Ilustracións / Ilustraciones
Xoana Almar, Cristina G. Cao, Raquel Germade, Rebe Cierto e Alejandra Lorenzo

Non sei se se debe falar ou non nestes casos, pero quero que saibades que son unha muller normal, común; que a miña vida non ten nada de extraordinario, nada que digas: “Xesús, que muller!”. Non. De feito, nunca fixen algo así. Non son unha maniática nin unha pervertida. Tampouco é que se o fas sempre esteas mal da cabeza… Se cadra facedes isto seguido e non sodes raros nin nada… Que cada un fai a súa vida, que non é por xulgar. O que quero dicir é que hoxe é a miña primeira vez e que non teño outra cousa para resaltar de min. Unha muller normal como calquera outra, do montón, sen grandes cuestións; e que isto é o máis delirante que fixen na miña vida.

No sé si se debe hablar o no en estos casos, pero quiero que sepan que soy una mujer normal, común; que mi vida no tiene nada de extraordinario, nada que digas: “¡Bueno, bueno, bueno! ¡Qué mujer! ” No. De hecho nunca hice algo así. No soy una maniática ni una pervertida. Tampoco es que si lo hacés siempre estés mal de la cabeza. Capaz hacen esto seguido y no son raros ni nada… no es por juzgar, cada uno hace su vida… Lo que quiero decir es que hoy es mi primera vez y que no tengo otra cosa para resaltar de mí. Una mujer normal, como cualquier otra, sin grandes cuestiones y esto es lo más delirante que hice en mi vida.

 

R$45,00

_sobre este livro

Unha muller tira do cabo da súa asfixia para observala máis de preto.

Unha muller mírase en retrospectiva e sente que mira a outra que non é ela; a outra que somos moitas con esa mesma dificultade para recoñecérmonos ao nos mirar tamén así.

E acompañámola na estrañeza e no horror. Vaia se a acompañamos!
Imos con ela pola nosa planicie, polo museo da vida insubstancial á que nos fomos axustando gramo a gramo. Por esa existencia na que, privada e publicamente, descubrimos que apenas fomos deixando unha discreta rascadura de grafito nunha parede moi gris.

Unha muller (quedou claro, non?) érguese na estrañeza e decide facer algo drástico para ⎯nesa infracción da súa traxectoria⎯ comezar a se atopar a si propia, aínda que sexa só por unhas horas.
Lánzase á transgresión impulsada por anos de dúbidas e medos. E ponse no centro, no lugar onde xa non pode deixar de ser vista, onde xa non lle é posible parar de se mostrar e, por tanto, nin ela nin nós atoparemos un abrigo onde nos refuxiar dos seus desexos e ansias. Das súas contradicións. Da súa voz. De nós mesmas e das fantasías que unha muller calquera, nunha tarde calquera de teatro, vai salpicar por enriba das que entramos na sala fiando a nosa seguridade a unha cuarta parede que ela dinamita nos cinco primeiros segundos: Grazas por vir… pensei que estaría soa… María Angeles Iglesias

Lorena Conde

_outras informações

isbn: 978-65-5900-076-0
idioma: galego e castelán de argentina
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 64 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2021
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0