Descubrimos a terra
o vento,
os ollos e as palabras que quero.
O que quero…
Quero o poder de saber
e facer tódolos imposibles.
R$45,00
_sobre este livro
_sobre este livro
Eu entro neste libro de Noa Moreira coma quen atravesa un cuarto propio, íntimo, un faiado que se abre por vez primeira, ateigado de soños delicadísimos, a piques de se esfarelar ao contacto do ar. Unha inmensa delicadeza que agocha unha forza cósmica, e unha forza cósmica que agocha unha inmensa fraxilidade. Perfecto espello da natureza humana, com plexa, poliédrica, sutil e bárbara a un tempo. Eu entro neste libro coma quen vai bicar un furacán e sabe que o corazón non sairá indemne, porque sempre a poesía, cando é verdadeira, transfórmanos ao seu paso.
Olga Novo
_outras informações
isbn: 978-85-7105-112-6
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5
páginas: 64
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª