Poesía galega novísima

Disponibilidade: Brasil/Europa

[coord.]

afonso traficante // afra torrado // alexandre fernández // ana fraile somoza // andrea valle // antón blanco casás // ánxela do canto // arancha nogueira  // belén senín // benjamín vidal // carlos lixó  // carlota corredoira // celia parra  // c. ermitas // clara vidal // diego bará louro // eilún del pazo moa // emmanuel joven // helena salgueiro // jesús castro yáñez// jorge rodríguez durán // lois alcayde dans // lucía cernadas // noelia gómez. // noemia veiga gonçalves// nuria vil // pablo rodríguez lópez // paula antía rey baliña // quico // regina touceda // sara villar aira // tamara andrés // vicente vázquez vidal

R$50,00

_sobre este livro

Se ben existen, como en todas as literaturas, certas inercias —e é inevitábel, porén, que algúns patróns (referenciais, espaciais, de canal, emisión ou amizade) fagan que as temáticas e as voces se acheguen dunha forma non sempre desfavorábel, pois a semellanza tamén supón cohesión e concordancia—, sería precipitado nomear a poesía nova da Galiza como constructo ou imaxinario dunha posible xeración en crecemento. As achegas difiren tanto entre si e teñen intereses tan disímiles que non poderiamos trazar, sen caer na pretensión ou no superfluo, unha liña que definise con xustiza a realidade creadora en que se desenvolven. E o certo é que sen querer entrar en controversias (…) cómpre salientar que hai en Galiza un país o suficientemente robusto no eido da poesía como para ter que propoñer xeracións literarias cada cinco anos e esquecer os autores e autoras que as compoñen porque algo novo xorde no inmediato. Claro que reformular constantemente os grupos é algo que presume de riqueza, pero non máis que a difusión, o recoñecemento e a lectura que deberían ligarse ao seu descubrimento.  (…) Isto serían os novísimos que este volume acolle: poetas que escriben en galego menores de trinta anos.  Atopamos neste libro algunhas liñas temáticas que trazan unha trama xeral e constrúen o que define esta non-xeración como representación dunha realidade comprimida nun espazo tan pequeno —pero suxestivo— como é Galiza.

_outras informações

isbn: 978-65-5900-003-4
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 246 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2020
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0