Marcus Daniel Cabada


(Pontevedra, 1995)

é escritor, poeta e editor. Autor dunha obra bilingüe (esp/gal), publicou a novela lírica Triste escarlata (2013), o conxunto de relatos psicolóxicos Desagravio de la derrota (2015), a plaquette El llano circular (2017) e o poemario Metafísica da ausencia (2019), ademais de ter participado en obras colectivas como dentes para a mazá [doce poetas en creación] (2018) e un xardín de medio lado (2019). Dirixiu a revista Ligeia, publicación especializada en poesía contemporánea, xornalismo e investigación, da que tamén coordinou as sucesivas antoloxías de poesía no ámbito de América Latina. Durante o curso 19-20 recibiu unha beca de estancia artística para creadores e artistas na Residencia de Estudiantes de Madrid. Colaborou en medios como Eikasia – revista de filosofía, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo ou Mundiario. Actualmente remata o grao en Lingua e Literatura españolas pola UNED e edita a colección Avis Rara da editora Urutau, onde publicou, man a man con Wladimir Vaz, a autores como Alfonsina Storni, Chus Pato ou Federico García Lorca.

https://www.facebook.com/marcus.cabada