Cando paso polo limiar dunha lembranza
amparándome na mudez
pretérita ó soño que me traza no desvelo,
presencio o nome da morte que te leva
co clamor dunha agonía. A dor é sobre todo
aquí:
na palabra ó repouso dun río,
no tempo non chegado,
no recordo da memoria que eu invoco.