Hai quen constrúe cidades no medio do deserto, pero eu quero un xardín ao meu redor no que o orballo se pouse e reflicta estes riscos que seducen. Asomei a un pozo e só había herba sobre el, non vin a auga e houben morrer afogada. Dende entón busco lagoas transparente nas que só apareza o meu rostro e unha mazá no escuro. Non ten veleno, ten un risco: hai que medir as distancias, as tensións dos músculos, a propia contemplación, para poder, a través da estrutura facial, atinxir o rostro orixinario, un ser profundo que en realidade só sabe de forzas. Iso é o que hai que coñecer, mais é un modo distinto de coñecemento, porque non son formas intentado comprender formas, aí está o risco de afundimento. Son sensibilidades captando intensidades.
(Narcisa a través do espello, páxina 25)