Tradución de Moncho Iglesias Míguez
Que fai falta para descubrir a verdade? Traizón? Engano? Arriscar a propia vida? Omar Ouda fixo todo iso. Esfumado é unha historia ficticia ambientada nas tensións políticas de Palestina, que ten como fío condutor un neno que trata de topar ao seu pai. A medida que afonda na misteriosa desaparición deste, vese obrigado a tomar decisións terribles que poñen a proba a lealdade ao seu país e á súa familia. O libro trata tamén sobre a amizade que xorde en circunstancias difíciles, presentada a través do personaxe de Ahmed, quen arrisca a vida para axudar o seu amigo na procura do pai.
A viaxe de Omar é ficticia; con todo, describe a vida real na Faixa de Gaza, en Palestina, entre 1981 e 2011. Este período foi testemuña de tres grandes acontecementos que deron lugar á situación actual: a primeira Intifada, os Acordos de Oslo e a segunda Intifada. Aínda que o contexto político sexa importante para a historia, a novela non pretende manifestar ningún argumento político. Pola contra, esclarece como é a vida normal e ordinaria de dous rapaces nun lugar extraordinario que adoita describirse como «o inferno na terra».
Esfumado: A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda foi finalista do Palestine Book Awards 2015.