O contaxio

Disponibilidade: Brasil/Europa

[fotografías]
pablo kaufmann & miriam rodríguez

“Dormes no lugar da orixe agardando os corpos
onde todo pasa e nada acaba nunca de acabar.
Agárraste a esta pel de voz aniñando en onte.
O aire entre a montaxe
incomunica.”

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

No país do tendido eléctrico o relato inscríbese na paisaxe a través da presenza dun cabalo, ou moitos, ou dun cabalo tras outro, ou o seu rastro. Os cabalos, pacen.

A partir de aí todo se ensancha, medra nun contaxio corpo a corpo que crea tensión e intensión contra silencios asustados. Arrastran estes corpos unha inercia que os adianta e os deixa pendurando no centro da vertixe. A vertixe precede ao pronunciable e adquire un poder que transcende a materia e contorsiona cara ao abismo.  A lume baixo ferve o fluído da inconsciencia e alimenta esta praga que propaga, atravesa rúas e esquece definirse dentro da existencia. Turra do voo dos paxaros para espetalos contra a morte.

E onde amarrarse  nin sequera con palabras se a cartografía é definida na imaxe do silencio? : “no envés do mapa, onde todo é branco,/alí as nosas coordenadas.” E nesta ausencia de trazado festexar obtusamente a única rúa sen saída: a retirada, ese xeito de perder indicible, por transparente ou sen orixe. Xa nos avisaba no inicio que non hai lugar onde quedarse: “coma se algures fose unha cidade habitable/baixo o sol público do inverno.”

Velaí o contaxio abranguendo o territorio, o ritmo do seu galope acompaña a un eu en estado salvaxe que asiste moitas veces ao retorno, e xa esgotou a munición de fuxidas cara a diante. Procura nomearse para construír ese lugar que falta, acaso unha porta, que se abre ao outro lado. Así remata. Xabier Xil Xardón

Silvia Penas Estévez

 

_outras informações

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5 cm
páginas: 80
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª edição

Carrinho

Santa Inés
Quant: 1
R$45,00
Subtotal
R$45.00
1