Xabier Xil Xardón


(1983, Morgade)

deu ao prelo os poemarios Cando menos a derrota  (2008, Sotelo Blanco, XXI Premio de Poesía Eusebio Rodríguez Baleirón) e Detéxtonos  (2018, Positivas). En 2013 escribiu Oceanografía de interior  canda Samuel París (dispoñible en liña en pararaparis.wordpres.com). Parte da súa obra está espallada en revistas e publicacións colectivas como Dorna, Letras Novas  (Aelg, 2008), A cidade na poesía galega do século XXI  (Toxosoutos, 2011) ou, máis recentemente, 13. Antoloxía da poesía galega próxima  (Chan da Pólvora e Papeles Mínimos, 2017). Outros textos seus foron premiados no II Certame de Poesía Antón Tovar (Abismalia, 2007, inédito), no Premio de Poesía Universidade de Vigo (2006, 2008 e 2011, Xerais) e no I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán (2018). Nos últimos anos colaborou cos Poetas da Hostia e integrou os colectivos poéticos Tristecentos Versos  e Fiinda. Dedícase á docencia de lingua galega e literatura.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Xabier_Xil_Xard%C3%B3n