máis penoso ca unha besta
humanizada, mutílame
apaticamente coa mesma
elegancia fácil coa que
corta o tofu. chúchame os ósos
para escindilos do pecado
e prende lume a toda lembranza.
entón fico febre vibrante xelatinosa
e ocupo inmóbil o espazo absurdo
entre dúas fendas.
R$45,00
_sobre este livro
como esgazar unha granada e manchar a blusa coas pingas cor sangue e despois ficar ollando para os pedazos redondos aínda imbuídos na carne da froita. meter as mans na polpa, máis con curiosidade que con tino, primeiro a punta dos dedos, logo as unllas, arredar os grans contra a casca da granada, rematar derrubándoa contra chan. mirar como se estomballa na baldosa, manchar agora a cociña, os pés. como observar todo isto sen apenas emitir un son, como apreciar o escenario xa tinguido de granate, o sucio, desde un anaco moi pequeno e moi prezado de experiencia, como unha forma de coñecemento.
así lingua de ántrax de Anna Gas.
este libro é un descubrimento dos descubrimentos, dunha forma de ollar sobria que encaixa a precisión dos detalles con consistencia, pero non con cinismo. a voz poética sabe da supervivencia, da inhumanidade, do corpo espido, da traizón, do milimetrado. cóntanolo sen adornar, como quen irrompe no cuarto dun descoñecido coa cama a medio facer e a roupa do día anterior ciscada na cadeira. con esa honestidade radical e íntima, como esgazar a granada, así lingua de ántrax de Anna Gas.
grazas a Antón Blanco Casás por achegarnos esta voz necesaria.
arancha nogueira
_outras informações
isbn: 978-65-5900-032-6
titulo orixinal: Llengua d’àntrax (Edicions del Buc, 2019)
formato: 12 x 16,5
páxinas: 80
ano de edición: 2021
edición: 1ª