Intraguerras

Disponibilidade: Brasil/Europa

non foi doado
lavar a louza como se nada
tender a roupa da criatura ao sol
co sorriso abnegado de nai
que fica sen pinzas para un calcetín
volver polos mesmos carreiros
coa terra aínda cravada nas unllas
entre os dentes e as enxivas
cuspindo cheirosas onomatopeas
para que non che falte o alento
para contarlle o conto da carapuchiña
que leva sempre a fouce na man
mentres sentes ao tragar saliva
como baixa a manda
outra vez en busca de carne fresca

pero ti, fillo, non,
ti non es lobeto daquela lúa
e non sabes de caza
nin de ouveos

 

R$30,00

_sobre este livro

Un percorrido pola conciencia de sermos mulleres, á espreita dun incerto futuro que nos fende a todas. O noso corpo como compás das traxedias, lugar dos sacrificios, ouvindo antes de tempo o bombardeo que latexa, as mandas na busca da carne fresca que o mundo require como sacrificio. O noso corpo devido en campo de batalla onde cada guerra doe e marca. Nosoutras, as mulleres arquipélago, que di a poeta, gardamos no corpo a memoria «viva» da morte.

Pódese dende a poesía traspasar a pel deses corpos con puntadas curtas e firmes que ganduxen o futuro? Pódese, sen dúbida. Beatriz Dourado atravesa o papel coas súas puntadas certeiras. Moe cada palabra para que a memoria que atesouramos verbalice a textura da dor das guerras todas. As que nin quixemos nin ordenamos, mais nos caeron inexorábeis dende o ceo a través das centurias. A memoria dos femixenocidios co aceno na esperanza e na loita. Constante, permanente. Coa voz alzada e a tenrura posta.

Luz Darriba

_outras informações

plaquetes carcará_3
isbn: 978-65-5900-219-1
idioma: galego
formato: 12x16,5 cm
páginas: 32 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2022
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0