tradución de Elisa Alfaya Pérez
Na última novela de Virginia Woolf, a acción transcorre un día de verán nunha casa de campo no corazón de Inglaterra. Nos meses previos á Segunda Guerra Mundial, a veciñanza presenta o seu certame anual. A través do diálogo, o humor e as apaixonadas reflexións dos personaxes, Woolf explora como se forma (e se dispersa) unha comunidade ao longo do tempo.
Entre os actos é unha despedida lírica e conmovedora.