Virginia Woolf
(25 xaneiro 1882 – 28 marzo 1941) é considerada unha das autoras modernistas mais importantes do século XX e unha precursora no uso da técnica literaria de fluxo de conciencia.
Woolf foi educada na casa e aprendeu sobre os clásicos ingleses e literatura vitoriana desde pequena. Entre 1897 e 1901 estudou literatura clásica e historia no King’s College de Londres, onde escoitou falar sobre os primeiros movementos reformadores da educación superior feminina e do movemento polos dereitos das mulleres. En 1900 comezou a escribir profesionalmente.
O seu estilo exerceu unha gran influencia no xénero da novela. Ademáis, escribiu ensaios pioneiros sobre teoría artística, historia literaria, mulleres escritoras e política do poder. Excelente estilista, experimentou con varias formas de escrita biográfica, compuxo breves ficcións pictóricas e enviou cartas brillantes a amizades e familiares. Ademáis, parte da súa literatura inspírase na súa longa relación romántica coa poeta, novelista e paisaxista Vita Sackville-West.
A maioría da súa obra foi publicada pola editora Hogarth Press, fundada en 1917 polo seu marido Leonard Woolf.
Ao longo da súa vida, Virginia Woolf sufriu problemas de saúde mental que marcaron profundamente a súa obra e a súa experiencia. En 1941, Woolf cometeu suicidio afogándose no río Ouse, en Lewes, Inglaterra.
Máis tarde, nos anos 70, Woolf converteuse nun dos eixos centrais do movemento de crítica feminista. As súas obras traducíronse a máis de 50 idiomas e foron fonte de inspiración de novelas, obras de teatro e películas.