Ilustracións / Ilustraciones
Xoana Almar, Cristina G. Cao, Raquel Germade, Rebe Cierto e Alejandra Lorenzo
—
Non sei se se debe falar ou non nestes casos, pero quero que saibades que son unha muller normal, común; que a miña vida non ten nada de extraordinario, nada que digas: “Xesús, que muller!”. Non. De feito, nunca fixen algo así. Non son unha maniática nin unha pervertida. Tampouco é que se o fas sempre esteas mal da cabeza… Se cadra facedes isto seguido e non sodes raros nin nada… Que cada un fai a súa vida, que non é por xulgar. O que quero dicir é que hoxe é a miña primeira vez e que non teño outra cousa para resaltar de min. Unha muller normal como calquera outra, do montón, sen grandes cuestións; e que isto é o máis delirante que fixen na miña vida.
—
No sé si se debe hablar o no en estos casos, pero quiero que sepan que soy una mujer normal, común; que mi vida no tiene nada de extraordinario, nada que digas: “¡Bueno, bueno, bueno! ¡Qué mujer! ” No. De hecho nunca hice algo así. No soy una maniática ni una pervertida. Tampoco es que si lo hacés siempre estés mal de la cabeza. Capaz hacen esto seguido y no son raros ni nada… no es por juzgar, cada uno hace su vida… Lo que quiero decir es que hoy es mi primera vez y que no tengo otra cosa para resaltar de mí. Una mujer normal, como cualquier otra, sin grandes cuestiones y esto es lo más delirante que hice en mi vida.