Nós vivimos no medio dunha estación
de onde saen e entran moitísimos trens
con direccións de todo tipo
nós case nunca collemos un
permanecemos no noso barco
que non está á deriva e non naufraga
que incriblemente flota
malia as vías de auga.
(Nós vivimos no medio dunha estación, páxina 15)
R$45,00
_sobre este livro
No mesmo instante de abrirdes o libro, à droite et à gauche, a porta de Tannhäuser, o cadrado negro de Malevich e, entremedias, unha cinta de Moebius. Isto é, unha superficie aberta, libre, sen bordes, sen exterior nin interior, onde a preponderancia e a posibilidade de pasaxe é continua. E onde o tempo flúe, discípulo borracho de Aion. Esta é a disposición do libro. Concorde con esta, unha determinada sintaxe e un fluxo de oracións-ríos para constatar que a fame segue. No fío desta enxeñosa disposición, historias onde o retorno das palabras se pon de novo en órbita ao xeito do que acontece no hoxe e no aquí, a nosoutros, á maneira dunha máquina de guerra. Así, por Non vivo sen vivir en min pasan todo tipo de partículas, cousas, fondos, datos, imaxes, soños, coios, flores, que de continuo son en conflito. Diremos tamén que escoitaredes, se ledes, que parte deste marabilloso libro está escrito no ritmo en que o pobo de Esmorgan canta para lle dar a benvida á PRIMAVERA, que, como a FAME e circunstancialmente a PESTE, existe en Non vivo sen vivir en min. Diredes: un libro moi político. E si, moi na escritura dun Burroughs/Ginsberg. “Nous broussons les images (…)”. Unha forma de ver o mundo. alfonso rodríguez
Claudio Pato
_outras informações
isbn: 978-65-5900-044-9
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 74 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2021
edição: 1ª