Alfonso Rodríguez Rodríguez


Como poeta editou o seu primeiro poemario Subir ao faiado no 2004, obra que se compón dunha escolma de poemas anteriormente autoeditados polo autor en distintos fanzines. Nos seguintes anos edita outros libros tanto individuais coma colectivos. No 2014 autoedita a obra Lúa plenur que é un compendio da súa traxectoria como artista gráfico e poeta; este libro componse de dous tomos e recolle colaxes e poemas de distintas épocas recentes.

Desde o ano 2015 realiza un proxecto, de maneira puntual, de música e poesía (Wordsnoise) con Arpista Iniciado, guitarrista eléctrico que improvisa nos recitados.

Acaba de publicar o seu primeiro fotolibro (Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas no territorio rurbano) neste ano 2017 coa editora Saurobuks da que forma parte.

Comparte a web expoplanetarium.net con Adriana Pérez onde expón de maneira virtual pintura, fotografía, colaxe. Obras moitas delas que teñen sido expostas en distintos lugares, sobre todo na cidade de Ourense, na Galiza.