Os ollos das moscas

Disponibilidade: Brasil/Europa

Eu matei o único rapaz que me quería.
Vin devoradas as estradas de Compostela
e onde non nos visen os ollos dos animais
pedinlle que baixase do coche.
Craveille un coitelo no peito e agochei o seu corpo.
Todo isto na noite máis escura.

Quen encontre o seu corpo que mo mande
porque eu fixen todo isto tan só como fixeron os demais.
Tan só para escribir un poema.

R$45,00

_sobre este livro

Cando aceptei escribir sobre os ollos das moscas decateime case consecutivamente de que non estaba capacitada. Quizais é a impotencia o que enfía todo este libro. a impotencia de parir unha derradeira advertencia sen que ninguén a acolla, a impotencia de non sabermos o que facer con esa criatura nas mans, ante a certeza do desastre. Porén, “temos a liberdade aínda / de escollermos a súa dimensión”. Así, acometemos a tarefa e observamos a cadea, observamos o monumento ascendendo pedra a pedra, corpo a corpo, in crescendo. Temos a obriga de facelo así: non alcanzamos a comprender en simultáneo e intuímos a poesía xirando freneticamente o pescozo.

Hai intuición, non evidencia. A lírica nos ollos das moscas é unha dor fantasma, porque non hai forma de falar do colapso con palabras sublimes. Este libro non é a morte dunha balea, é unha balea morta. Detémonos ante o cadáver, ante as súas imaxes brillantes, insólitas e dolorosas, e comprendemos que logo han abandonar a súa condición de metáfora. Isto non é lírica: é podremia. Voemos sobre ela.

Lucia Cernadas

_outras informações

isbn: 978-65-5900-120-0
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 58 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2021
edição: 1

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0