Seime vagabunda de teitos baixos.
Morbosa ninfa de pedras vellas,
onde agochar o dente na noite
para afondar un momento que se me fai eterno.
Vago espida polas formas,
seite lonxe e, aínda así,
respírasme co instinto salvaxe
de quen non cruzou a porta.
Constrúesme dende o imaxinario.
Eu, o xemido silencioso,
colado aos agarimos,
na profundidade da cova na que nos atopamos.