Eva Méndez Doroxo


Con formación en Economía pola Universidade de Barcelona, especializada en Construcción, e en varias disciplinas artísticas pola Escola d’Arts La Massana e a Escola Superior de Disseny i Art La Llotja (Barcelona), é unha creadora e artista multidisciplinar.

A cabalo entre Barcelona e Tabillón (Navia de Suarna), aprende a vivir a natureza e as tradicións galego-catalás dunha forma moi persoal, que se reflexa no discurso poético e na súa obra artística. Na escrita foi chamada a colaborar en varios proxectos colectivos dos que se destacan Pegadas  (Porta Verde), Dez anos na Porta  (Porta Verde),150 Cantares para Rosalía de Castro  (2015), Manuel María. Libro Colectivo de Homenaxe  (Deputación de Lugo, 2017) e Munditações  (Incomunidade 2008-2009), así como na revista A Dorna  e Xistral , entre outros. Sempre na procura da sensibilidade como expresión artística, foi chamada a participar en proxectos audiovisuais e performances poéticas, intentando pór en común a voz e o corpo dos poemas coa palabra recitada, a música, a pintura… intentando dar protagonismo as emocións que se crean na intimidade co lector/espectador. Ten editado o poemarío As Sete Idades (Incomunidade 2007-Portugal) e Eróticas e Trazos de Muller  (Libro de Artista 2009). Mención especial do xuri IV Premio Illas Sisargas  co poemario A Muller Durmida .