O desxeo dunha nube cando hai marea
A menstruación dunha montaña a desembocar en barco
O faro fundido dun altar de auga doce
A procesión dos vimbios dunha canastra
radiografía de gretas debuxada con pluma de gaivota afónica
R$45,00
_sobre este livro
_sobre este livro
O tren é creador dun mundo ao que recita con versos que incitan a alcumar o odio como “o quiste da envexa, a opulencia máis opulenta: miseria”, e a louvar o amor nas especulacións “cos peidos, cos eructos, cos dedos sen unlla”. O tren é unha paisaxe que fotografa montañas enfermas que semellan reverdecer entre palabras masturbadas con tradición e aleivosía, e unha receita para a curación dos ismos. É un meigallo de oracións que inclúen cancións protesta como “A palma da man é unha escopeta/ con estradas de liña continua” e que exploran a cidade como “un útero con cancro de nirvana” ou “unha vaxina tatuada con xiringas de aspirina, a vulva envexada dun convento de pergameos.” Unha obra coa que viaxar mentres se len paisaxes a través de calquera xanela. Moncho Iglesias Míguez
Milorshevinya Shouba
_outras informações
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5
páginas: 58
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2018
edição: 1ª