Memoria das cousas perdidas

Disponibilidade: Brasil/Europa

mans
mans
todo está nas mans

mans que carrexan baldes de auga
mans que collen outras mans
mans que acariñan facianas vencidas

mans
as mans
todo está nas mans

mans que dan de comer
mans que protexen ó cruza-la rúa
mans que prenden lume para quentar

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

31 de marzo de 2020

Tarde de corentena polo Coronavirus

Fai un anaquiño que rematei de ler memoria das cousas perdidas. Sentada ao carón da fiestra do salón, un silencio limpo abrollou polo meu corpo. E onde, pouco antes da lectura, zoaba o vento e a tarde gris escorregaba, formouse “un río navegable, unha nova oportunidade de redención”.

Despois, coma un lóstrego de lanterna que alumea na néboa, comprendín o que fixera Andrés ao escribir estes poemas.

Esmiuzar as pegadas das cousas que nos mancan, sen botarlle a culpa a ninguén. Nin tan sequera a Deus que “tenta de facer milagres / pero non lle chega a tanto / a omnipotencia”.

Esfaragullar os sentimentos, os doces e os acedos, para que non apodrezan como patacas dentro do saco, contaminando todo o seu redor.

Tecer versos coa paciencia e precisión dun reloxeiro, e vestilos de gala como se fosen pingüíns, “alleos á proximidade do abismo”.

Ninguén dixo que fora sinxelo escribir sobre a perda, o desamor. Espirse diante dos espellos sen alfaias, nin pinturas de guerra. Pero Andrés é quen de facelo.

Todos os poemas están nas mans de Andrés, pero el escolleu os que conforman este libro para falarnos desa memoria das cousas. Porque o que non se escribe, ás veces, semella que non aconteceu.

“xa se vai esgotando o tempo
que dura tan pouco
nas miradas dos días que quedan durmidos”

Ao meu querido amigo, Andrés.
Con quen tanto aprendín.
Con quen tanto rin.

esther val
poeta andrés c. m. riveira

 

_outras informações

isbn:978-65-87076-27-0
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5cm
páginas: 86
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2020
edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0