xuliopardodeneyra


éche un tipo de Lugo, deses que a cidade bimilenaria atrapou canda si, por máis que ame a paisaxe que baña o Océano Galego, sobre todo onde conforma as marismas da boca do Landro cando bica as leiras d’A Xunqueira. Cunha nutrida dedicación investigadora desde a adolescencia, na actualidade conta cunha cincuentena de libros, principalmente centrados no ámbito da Filoloxía Galega e a Historia Social. Este é o seu terceiro poemario. A vós tócavos axuizalo.