Xosé Díaz Díaz


(Lugo, 1980)
Licenciado en matemáticas e doutor en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como profesor de secundaria no ensino público.
Publicou O dómine indómito (2004), A morriña das balas (2006), Fraquezas (2011), O misterioso Dr. Saa (2012) e Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste (2015). Traduciu ao galego Un conto enleado (2017) de Lewis Carroll.