Xosé de Cea


naceu en Barcelona. Xornalista de profesión, leva case dúas décadas traballando para o Sindicato Labrego Galego (La Vía Campesina) e coordinando o seu voceiro, o periódico Fouce. Tamén traballou en La Voz
de Galicia e realizou colaboracións para A Nosa Terra, Praza Pública, Página Abierta, Tempos Novos e Soberanía Alimentaria.
No eido literario ten tocado diversos xéneros na súa obra como narrativa infantil e xuvenil
(O lume dos soños, Revolución Detrito) ou crónica (Baixo a lona preta. Xornal de viaxe
dun brigadista na Bahia do MST).
No ámbito poético, publicou Presencia da fenda, Solsticio de río e Vilareda. Tamén colaborou nos libros colectivos E de súpeto o inverno e Andares. A Terra do Medio.