Teresa Ríos Noya


(Dumbría,1965)

Participou do libro Obescrebimupo (Obradoiro de Escrita Creativa da Biblioteca Municipal de Ponteareas) coordinado por Roi Vidal Ponte. E ten poemas en revistas como Poeman II, NPG GaZeta e NPG- Nova Poesía Guitirica.

Foi finalista nos premios: Premio de 20 años de poesía — Casa Museo Diego de Giraldez, Certame de Microrelatos Prometo Galicia, IV concurso de haikus de Diversidade literaria e obtivo o terceiro premio no Concurso dende a Xanela, e accésit no concurso de relatos ilustrados de Nadal 2020 ambos convocados polo concello de Ponteareas.

Forma parte da Agrupación Poética de Base Versos de Area de Ponteareas.