Ramón Sánchez


(Carballo, 1975)

Músico. Poeta. Autodidacta. Como músico ten formado parte de diferentes grupos entre os que cabe destacar Traboute, co que editou tres discos de estudio. No eido da poesía obtivo diversos recoñecementos en certames celebrados por toda Galicia. Algúns deses poemas foron recollidos en posteriores antoloxías. En 2018 publicou na rede Enxeñería efémera, unha sorte de trece poemas visuais nos que conxuga imaxe, palabra e música. A comezos de 2020 viu a luz o seu primeiro libro individual, Descender pola nádega da montaña.