Quico & Emma Pedreira


Emma Pedreira

(escorpia do 78)
Poeta, narradora, cortapega analóxica, collage con papel, con pel, con boca.
Como poeta ten publicado dez títulos ente os que destacan O Libro das mentiras,
Antídoto ou As voces ágrafas. O seu poema Lista da compra da viúva foi considerado en 2017 o Mellor Poema do Mundo.
Como narradora cultiva o microrrelato e as formas breves, mesmo na novela, como demostra en Besta do seu sangue (Premio Xerais 2018), As fauces feroces ou Bibliópatas e fobólogos, que resultou Premio da Crítica Española en Lingua Galega no ano 2017.


Quico

(acuario do 90)
Comecei estudos en Compostela e remateinos en diferentes cidades da península.
Despois disto, traballaría en hostalaría, até que Alicia Fernández e Eduard Velasco me deron a oportunidade de entrar a formar parte da historia da Libraría Chan da Pólvora. O meu maior desexo é chegar a ter un posto de algodón de azucre propio e dedicarme á venda ambulante.
Publicacións. Paseino en grande coas autoedicións durante moito tempo. Logo, tiven a sorte inmensa de publicar en Positivas o tempo da cireixa (2019) e, case deseguido, participar no macroproxecto arrincando
marcos (2019), coordinado polo propio Francisco Macías, director editorial. Esta cita tivo lugar na Livraria Poetria do Porto, editándose para a ocasión unha antoloxía coas autoras participantes. O 31
de agosto dese mesmo ano, coincidindo co aniversario da miña sobriña, participo no 33º Festival de Poesía no Condado, do cal tamén se extraería unha escolma á que aporto textos inéditos.