Pura Tejelo


(A Coruña, 1953)
Licenciada en Historia Moderna e Contemporánea pola USC, é profesora de Lingua e Literatuta no Ensino Medio, onde ten participado en diferentes proxectos de innovación educativa e integración con inmigrantes. Así mesmo, exerceu cargos de xerencia na asociación cultural O Facho da Coruña para a que coordina os certames de poesía e relato. Cursa estudos de Debuxo e Deseño Publicitario na Escola Picasso da Coruña.
Publica na revista Dorna (1981), colaborando tamén nas revistas Festa da palabra silenciada, Clave Orión e Olga, revista poética galega en Madrid. Aparece citada na Antothology of Contemporany Galician Women Poets (1988) de Katheenn March. Tamén participa no blog Os chanzos (oschanzos.blogspot.com).
No 2014 recibe un premio no Certame de Poesía Manuel María en Euskadi e no 2016 o premio Johan Carballeira de poesía por A elegancia do século (Xerais, 2017), reeditada no 2018. Na editorial Urutau publica As horas de Hanna (2019)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Pura_Tejelo