Óscar García Ramos


é, en orde cronolóxica, fillo de Maryluz e Benjamín, irmán de Vicente e Rosa, home de Belén e pai de Mariña. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu en Arteixo e na Coruña. Actualmente mora en Bergondo e traballa como profesor de Lingua e Literatura no IES Francisco Aguiar de Betanzos.
O primeiro texto literario que escribiu (non publicado aínda) foi un conto infantil para a súa filla. Dende entón, nas horas vagas, aínda escribe ás veces.
En 2013 gañou, na categoría de público en xeral, o 6º Concurso de relatos Ciencia que conta, convocado pola Universidade de Vigo. No eido da poesía recibiu o primeiro premio no V Certame de poesía María Mariño , o segundo premio no IV Certame de poesía Manuel Leiras Pulpeiro (ambos en 2015) e o accésit compartido da categoría F (maiores de 18 anos) no XXI certame Francisco Añón de poesía, no ano 2017.