María N. Soutelo


(Decembro de 1982)
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), especializada en patrimonio documental e bibliográfico, e arquivística. Actualmente dedícase á dinamización cultural e á docencia non formal.
Na súa traxectoria como poeta salientan: XX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Concello de Dodro) outorgado ó seu poemario Código Poético (Editorial Sotelo Blanco, 2007), Diáspora (Acha Escrava Editora, 2012), Nestes Días (Q de Vian Cadernos, A Porta Verde do Sétimo Andar, Nova Galicia Edicións, 2014).
Algúns dos seus poemas figuran en diferentes publicacións colectivas nacionais e internacionais Formou parte do consello de redación da folla voandeira de poesía AugasVerso (Concello de A Estrada, 2003–2004) e da publicación cultural mensual AbarcARTE.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Neves_Soutelo