Laura de Cáceres


Nacín en Vigo, Galicia. Dende pequena sinto unha gran paixón pola poesía, e a escasa idade recitaba de memoria os versos de Rosalía de Castro, mesmo pola rúa, co entusiasmo inocente que só teñen os cativos. Aínda que pareza anecdótico, isto define a miña infancia. Agora estudo Lingua e literatura españolas na USC (Universidade de Santiago de Compostela), a través das aulas e das lecturas navego na procura da miña voz. Algúns dos meus poemas foron publicados nos xornais Eixo Atlántico e Novas de Turonio . Ao longo da miña vida gañei algúns certames literarios, entre eles o IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas, a x edición do Certame Literario Terras de Chamoso e o VI Certame Literario Ricardo León. Tamén resultei finalista tres anos consecutivos no Concurso escolar de poesía Rosalía de Castro, onde coñecín a compañeiros e compañeiras que admiro e que me descubriron unha rede de voces novas.