Inma Doval Porto


Galega de cartografía rizomática, nutrida por terra, mar e aire; poliédrica no ser e estar no mundo, na creación múltiple e indisciplinada. Pintura, gravado, escultura, escrita e colaxe son faces, vértices ou arestas con que constrúe un espazo dentro e fóra de si. Licenciada en historia da arte, está a realizar a súa tese de doutoramento en estudos literarios. Alén das exposicións individuais organiza e participa en numerosos proxectos artísticos colectivos, moitos deles coa idea de fornecer as relacións do eixo atlántico, especialmente con Portugal. Ten publicado, xunto Berta Dávila, o álbum infantil A Fuxida, do que é autora da parte plástica. Colabora nas revistas culturais en rede: Palavra comum e o Correio do Porto, onde publica ilustración e poesía. Os seus poemas adoitan dialogar con imaxes e son creados como libros de artista, así foron tecidos: Bébesme Cízico no canto das sereas, Diálogo para uhna serea ou Adagio; os dous útimos poemarios con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender.