Estevo Creus
(A Coruña, 1971)
poeta, ten publicados os seguintes libros de poesía: Poemas da cidade oculta (Xerais, 1996) Areados (Deputación da Coruña, 1996) Teoría do lugar (O Castro,1999) Decrúa (Espiral Maior, 2003) Facer merzbau non ou posible? (libro de poesía e videocreación xunto a David Creus) (Non Ou edicións, 2007) O Libro dos Cans (Fran-Ouren Ediciones, 2010) Balea2 (Positivas, 2011) O Lugar que non Hai (Chan da Pólvora, 2018)
E os relatos: E a catro patas quilómetro (Premios Pedrón de Ouro) (Edicións do Castro, 1994) Alguen Matou a Bambi. Aparece en varias antoloxías poéticas, entre as que se atopan: Defecto 2000 (Letras de Cal, 1999) A Tribo das Baleas (Xerais, 2001) Six Galician Poets.Colección New voices from Europe and Beyonds (Arc Publications, 2016).
Coordinador e tradutor do libro Dicir unha illa, do IV seminario internacional de tradución poética Illa de San Simón (Deputación de Pontevedra, 2017). Dentro do grupo Non Ou edicións, xunto a David Creus, programa e colabora en numerosas actividades, performances e experiencias poéticas da man de músicos e artistas de diferentes eidos e disciplinas. Foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do grupo de teatro Talía, da editora de poesía Letras de Cal e do movemento Sufato, dentro da Asociación Patafísica do Atlántico.