Elisabeth Oliveira
naceu na rexión de Lille (Francia), de pai e nai portugueses. Creceu navegando entre dúas culturas e linguas. É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. Instalouse en Galiza en 1995 e namourou definitivamente desta terra e desta xente. En 2016, publicou Poesis , un poemario en catro linguas con cancións creadas a partir dos poemas, tamén en catro linguas.