Diego Bará Louro
(Pontevedra, 1997)
Estudou no IES Sánchez Cantón da Boa Vila, onde coñeceu profesoras e profesores dos que sempre garda un bo recordo. Tamén ten estudos no Ciclo Superior de Igualdade de Xénero e quere ser docente.
É fillo de Ana Louro e Luís Bará, dúas persoas ás que lle ten un grande aprezo por seren quen lle aprenderon uns valores dos que hoxe se sente moi orgulloso. As súas irmás son María, de quen é mellizo; e
Sabela, a maior. Ás veces, a súa forma de ser e actuar fan que non poida exteriorizar todo o amor que lles ten, que vai de aquí á Lúa, e volta. As súas amizades tamén son unha
peza fundamental para el.
É un rapaz comprometido politicamente. Milita no nacionalismo desde os 17 anos, en Galiza Nova e no BNG. Préstalle participar de todas as loitas, de todas as causas xustas para construír un mundo cheo de
xustiza, igualdade e benestar. Ten atopado persoas moi importantes neste camiño, algo que agradece profundamente.
Gústalle escribir desde ben pequeno e desfruta máis que nada coa poesía, aínda que tamén ten agochadas ideas para futuras novelas.
Recibiu o segundo premio no Certame Ben Veñas Maio do Concello de Pontevedra no ano 2019.