Cristina Corral Soilán


É xornalista, graduada en Educación Primaria e licenciada en Hispánicas e pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) e a Universidade de Santiago (USC) respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.

Realizou os Cursos de Doutorado no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC.

Ten traballado como xornalista no diario El Progreso  de Lugo e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista e exerceu o cargo de subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo.

Na actualidade desenvolve o seu traballo como profesora de Educación Secundaria de Lingua e Literatura Española en centros de toda Galicia.

É autora dos poemarios Anxos de Pedra (Scio, 2001) e Esencia de Trementina  (Scio, 2008). Escribe contos, teatro e cancións para nen@s e colabora con diversas revistas como Xistral  ou Trasluz.

Ten colaborado ademais con outros medios dixitais como Galicia Digital, Praza Pública ou Galicia Confidencial. É coeditora do fanzine sociocultural online A Revolta  e cofundadora do proxecto de radio escolar Espora (Escolas pola radio).

http://cristinacorralsoilan.com/