Branca Trigo Cabaleiro


é unha poeta, música e regueifeira galega. Estudou Ciencias da Linguaxe e actualmente traballa como teleoperadora. Codirixe a editorial Malafera, onde publicou o seu poemario Coñecemento do Medo e organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Ten publicado en distintos fanzines, revistas e certames. O que máis lle interesa é explorar a mestura de xéneros literarios e crear espazos seguros para a creación e difusión de poéticas disidentes