Andreia Costas


Son filla de emigrantes retornada, nacín e crieime fora de Galiza. Na Alemaña. Non, non se falaba galego na casa dos meus proxenitores. Sempre fun rata de bibliotecas ou píxel dixital. Estudei Belas Artes, pola rama do audiovisual e Máster en cinema experimental. Tiven moitos traballos: De pinche nun restaurante italiano, azafata de congresos, coidadora de anciáns… ata docente de deseño e multimedia. Un mes de novembro aterrei en
Santiago de Compostela; fiquei no sur da Galiza, despois de moitos veráns que foran cargando a tinta dunha morriña ancestral. Pola miña vontade decidín que o alemán sería o idioma paterno e o galego sería o meu fogar materno. Mudei de apelidos, galeguicei o meu nome. As verbas galegas son o meu agarimo emocional. Mais sigo a ser unha híbrida en moitos eidos do meu ADN.

 

https://gl.wikipedia.org/wiki/Andrea_Costas_Otero