Anna Gas Serra


(Barcelona, 1996)
é graduada en Estudos Literarios pola Universitat de Barcelona e actualmente cursa Psicoloxía na mesma. O «Premi de poesia Joan Duch per a joves escriptors» supón a publicación do seu primeiro poemario, Crossa d’aigua (Editorial Fonoll, 2017). Dende 2018, participou en diversas antoloxías poéticas e foi traducida ao castelán, inglés e italiano, linguas ás que se suma agora o galego. Recentemente gañou o «Premi Mercè Rodoreda de contes i narracions», polo libro El Pèndol, publicando así, en Edicions Proa (2021), o seu primeiro libro como narradora. Llengua d’àntrax (Edicions del Buc, 2019), o seu segundo libro de poemas, obtivo o «Premi Josep Maria Llompart de poesia», no seo dos «Premis Cavall Verd», que outorga anualmente a Associació de Escriptors en Llengua Catalana. Esta é a súa primeira obra traducida integramente.

https://ca.wikipedia.org/wiki/Anna_Gas_i_Serra