Antón Blanco Casás
(Vilagarcía de Arousa, 1996)
estudou Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela e un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universitat de Barcelona, na que actualmente traballa como lector de galego. É autor dos libros de poemas, A oseira (Chan da Pólvora, 2016), Tres estudos para un poema da cidade (Galaxia, 2018) e Voz do arqueiro (Chan da Pólvora, 2020), co que gañou o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, e dun ensaio sobre poética, Ensaio sobre o poema e o mar da morte (Euseino? Editores, 2020). Formou parte do proxecto de música experimental Canine e do grupo de pop Atrás Tigre. Lingua de ántrax é a súa primeira tradución que ve a luz.