Vacastras

Disponibilidade: Brasil/Europa

minotaura vento auga
vimbio solar infinito

o resultado dun pacto simbólico
co seu trazado de múltiples fíos
tamén a ruptura dese tecido

minotaura habita no exterior do texto

as cousas por dicir fican aí
mudas rojas aplastadas

R$45,00

_sobre este livro

É Rosa Enríquez quen de mudar de pel en cada poemario que nos ofrece. Ben que pasan ciclos solares completos entre unha e outra entrega mais a criatura que tes na mans, persoa lectora, é outro xiro arredor do sol. Se cadra, un xiro á inversa, uns cantos pasos cara a atrás para recuperar a historia mitolóxica que deixou as mulleres nun silencio turbio e coa intención de contalas doutra maneira. Iso fai Enríquez: volve, como Orfeo, para tratar de recuperar a Eurídice; mais non unha Eurídice submisa e que vacila, que cambalea e non consegue volver ao mundo dos seres vivos. A poeta xira ese mundo mitolóxico da submisión feminina e reverte os protagonismos. As vacastras, as fillas das minotauras, as mulleres metade besta (que xa non vestais nin rendedoras de tributos) e metade femia humana. Ou o que lles pete. Porque nelas hai unha forza que provén dese alimento de carraxe que lles deron o esquecemento e a inacción dos séculos.

Di a poeta nun verso que “todo delirio permite certa desproporción” e podemos afirmar que este poemario é desproporcionado na súa feitura: un torrente de ideas e de discursos que actúa como un corifeo crítico –e críptico, case hermenéutico, moitas das veces- mesmo agresivo, que emprega a solvencia lingüística da autora para crear unha glosolalia descompensatoria. Francés, español, latín, enléanse co galego para que as novas nautas, aquelas que abandonaron a Xasón e seguiron o seu camiño liberador porque “no medio do poema respiran insobornábeis/ a rabia o descontento a carencia”.

É, se cadra, unha vinganza que xira o universo mitolóxico, que non se conformou coa volta aquela que lle dera Aristófanes a través de Lisístrata á mancadura dos homes. Facía falta que, dun xeito ás veces delirante, o fixese unha poeta que coñece ben á minotaura que fala desde o exterior do texto e que refrea os movementos dos centauros e dos sátiros mais alenta as uranianas, as vacastras, as touronas, as centauras, e procura para as mulleres unha voz que perderon na misoxinia mitolóxica que aínda hoxe é alicerce da nosa cultura como parte máis occidental dun Mediterráneo, dunha contística que prosegue en nós, dunha filosofía onde Hipatia, Hiparquia ou Aspasia son case descoñecidas.

Emma Pedreira

 

 

_outras informações

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5 cm
páginas: 98
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2020
edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0